Péter Erdő
Péter Erdő, nado o 25 de xuño de 1952 en Budapest, é un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo metropolitano de Esztergom-Budapest dende 2002.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Péter Erdő naceu o 25 de xuño de 1952 en Budapest, o primeiro dos seis fillos nunha familia de intelectuais católicos.
O 18 de xuño de 1975 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Esztergom polo bispo László Lékai, entón administrador apostólico de Veszprém. Entre 1975 e 1977 traballou nunha parroquia de Dorog.
En 1976 obtivo o doutoramento en Teoloxía, e entre 1977 e 1980 estudou na Pontificia Universidade Lateranense, conseguindo o doutoramento en Dereito Canónico en 1980. Posteriormente, até 1986, ensinou Teoloxía en Esztergom, e entre 1986 e 2002 foi profesor na Pontificia Universidade Gregoriana, compaxinando este traballo co de profesor na Universidade Católica Péter Pázmány, da que posteriormente foi reitor.
O 5 de novembro de 1999 foi nomeado bispo auxiliar de Székesfehérvár e bispo titular de Puppi. Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 2000 na Basílica de San Pedro, de mans do papa Xoán Paulo II, e sendo os co-consagradores principais Giovanni Battista Re e Marcello Zago.
O 7 de decembro de 2002 o papa nomeouno arcebispo de Esztergom-Budapest e primado de Hungría, e no consistorio do ano seguinte Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Balbina.
En 2005 foi elixido presidente da Conferencia Episcopal Húngara, e reelixido en 2010 por outros cinco anos. Tamén, en 2006 foi elixido presidente do Consello das Conferencias Episcopais Europeas, e reelixido en 2011. O 14 de outubro de 2014 foi nomeado Relator Xeral da Terceira Asemblea Xeral Extraordinaria do Sínodo dos Bispos.
O 27 de xuño de 2015 Francisco nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]
Distincións e premios
[editar | editar a fonte]Ten sido nomeado doutor honoris causa por varias institucións académicas, amosadas a continuación en orde cronolóxica:
- 1996: Instituto Católico de París
- 2001: Universidade Babeș-Bolyai[2]
- 2004: Universidade Católica de Lublin
- 2007: Universidade de Múnic
- 2008: Universidade de Constanza
- 2011: Universidade de Navarra[3] e Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia
Obtivo tamén en 1999 o Premio internazionale Galileo Galilei.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Szent István Társulat, ed. (1983). Az ókeresztény kor egyházfegyelme: az elsö négy században.
- Szent István Társulat, ed. (1985). Az Egyházi Törvénykönyv. A Codex Iuris Canonici hivatalos latin szövege magyar fordítással és magyarázattal.
- Esztergomi Papnövendékek M. Egyházirodalmi Iskola, ed. (1985). Jövőnket építjük: emlékkönyv az Esztergomi Papnövendékek Magyar Egyházirodalmi Iskolája fennállásának 150 éves évfordulójára.
- Pontificia Università Lateranense, ed. (1986). L'ufficio del primate nella canonistica da Graziano ad Uguccione da Pisa.
- Budapesti Római Katolikus Hittudományi Akadémia jegyzetosztály, ed. (1989). Bevezetés a kánoni jogba: bevezetö ismeretek, általános szabályok.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nomina di Membri della Congregazione per le Chiese Orientali". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Sala Stampa della Santa Sede) (B0513). 27 de xuño de 2015.
Il Santo Padre Francesco ha nominato Membri della Congregazione per le Chiese Orientali [...] Péter Erdő, Arcivescovo di Esztergom‑Budapest [...]
- ↑ Universidade Babeș-Bolyai (5 de outubro de 2001). "Laudatio pentru Excelenţa Sa Episcop Péter Erdő". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2014.
Universitatea „Babeş-Bolyai” [...]. Acordăm astăzi, aşadar, titlul de DOCTOR HONORIS CAUSA, la propunerea Consiliului profesoral al Facultăţii de Drept şi a Facultăţii de Teologie Romano-Catolică, Excelenţei Sale Episcopul profesor Péter Erdő.
- ↑ Universidade de Navarra (ed.). "CO Honoris Causa-Péter Erdő - Detalle". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2014.
- ↑ Universidade de Pisa (ed.). "Premio internazionale Galileo Galilei 1999". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1952
- Nados en Budapest
- Bispos católicos de Hungría
- Arcebispos da Igrexa católica latina
- Cardeais de Hungría
- Cardeais creados por Xoán Paulo II
- Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense
- Profesores da Pontificia Universidade Gregoriana
- Doutores honoris causa pola Universidade de Navarra
- Escritores en lingua húngara
- Escritores de Hungría
- Doutores honoris causa polo Instituto Católico de París
- Doutores honoris causa pola Universidade Babeș-Bolyai
- Doutores honoris causa pola Universidade Católica de Lublin
- Doutores honoris causa pola Universidade de Múnic
- Doutores honoris causa pola Universidade Cardeal Stefan Wyszyński en Varsovia
- Membros da Congregación para as Igrexas Orientais